Quen Somos

Esta asesoría fúndase en outubro do ano 1986 coa finalidade de ofrecer un servizo integral ás empresas.

Dispoñemos dos medios tecnolóxicos máis avanzados a nivel  de software, equipos informáticos e de telecomunicacións, sempre sen esquecer o trato persoal cos nosos clientes.

Contamos tamén cunhas instalacións dotadas do debido equipamento e adecuadas para que os nosos clientes teñan unha absoluta confidencialidade nos asuntos que veñen a tratar.

E dende o ano 2013 contamos co servizo de asesoramento xurídico-legal da man do despacho Airado Bello Avogadas.

En definitiva, pretendemos axudar ós nosos  clientes, cos que  nos sentimos identificados, no desempeño eficaz  dos seus obxectivos comerciais.

asesoría